CIG exige ao Governo espanhol o translado a Galiza dos presos independentistas

O V Congresso Confederal da CIG aprovou por aclamaçom umha resoluçom especial em que denuncia a disperssom dos presos independentistas galegos e exige ao Governo espanhol o seu translado a Galiza. Neste sentido, a CIG acordou dirigir-se à Direcçom Geral de Instituiçons Penitenciárias para lhe solicitar a transferência dos presos independentistas a prisons radicadas na comunidade autónoma galega. A mesma ressoluçom também censura a utilizaçom política e perversa da prissom preventiva contra os presos independentistas galegos.

De seguido reproduzimos a resoluçom da CIG:

O V Congreso Confederal da CIG, asumindo os principios irrenunciábeis da defensa das liberdades democráticas dos individuos, así como o respecto á dignidade humana e a denuncia contra todo tipo de represión por opinión política, quere manifestar o seguinte:

A) A situación de dispersión dos presos independentistas galegos por distintos cárceres do Estado español atenta contra o dereito (mesmo recoñecido na lexislación española) que teñen os presos e presas a estar en centros penitenciarios próximos ao seu contorno social e familiar.

B) A dispersión non só castiga os presos independentistas, senón tamén os seus achegados (familiares, amigos, compañeiros), que semanalmente teñen que percorrer centos de quilómetros polas estradas españolas para poder visitalos, circunstancia que, alén de constituír un serio prexuízo económico, supón un forte desgaste físico e anímico, ademais de aumentar as posibilidades de padecer un accidente de tráfico.

Por estas razóns, o V Congreso Confederal da CIG acorda:

1º Denunciar a utilización política e perversa da prisión preventiva contra os presos independentistas galegos, que poden permanecer até catro anos na cadea á espera de xuízo.

2º Dirixirse á Secretaría General de Instituciones Penitenciarias do Goberno español solicitando o traslado dos presos independentistas galegos a cárceres radicados en Galiza, dereito recollido tanto na Declaración dos Dereitos Humanos da ONU coma na propia lexislación española.

Imagem do V Congresso da CIG 

Transladam a Palencia a José Manuel Sanches Gorgas

Continuam as medidas de afastamento do preso José Manuel Sanches Gorgas com o seu translado à prisiom de Palencia. Um funcionário de Mansilla de las Mulas (León), centro penitenciário no que se atopava até esse momento, deu aviso a semana passada a José Manuel Sanches do seu iminente translado. Este novo afastamento, ainda a mais quilómetros da sua morada, nom fai mais que agravar a situaçom na que este preso e a sua família e achegados/as se atopam, e que a Plataforma Cidadá ‘Que Voltem a Casa!’ denuncia mais umha vez.

José Manuel Sanches foi transferido no passado mês de Fevereiro, na companha de Santiago Vigo, à prisiom de Mansilla de las Mulas. Em Abril Santiago Vigo abandonava Leom com destino à prisiom de Valdemoro, em Madrid, e nom foi até o presente mês de Junho que as autoridades penitenciárias decidirom afastar a José Manuel Sanches, que chega ao seu terceiro cárcere ainda à espera de juízo.

A Plataforma Cidadá ‘Que Voltem a Casa!’ anima a todas as pessoas solidárias com a situaçom destes dous presos a escrever-lhes e visitá-los nos centros penitenciários de Palencia e Valdemoro.

JOSÉ MANUEL SANCHEZ GORGAS
Centro Penitenciario La Moraleja
Carretera P-120, s/n
34210 Dueñas
Palencia

SANTIAGO VIGO DOMINGUEZ
Centro Penitenciario de Madrid III
Carretera Pinto-San Martín de la Vega, km. 5
28340
Valdemoro
Madrid