Éxito da II Festa pola Liberdade

Mais de 200 persoas encheron na noite de onte a Sala Nasa nun acto solidario coa Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’. A festa, convocada co obxectivo de difundir as reivindicacións democráticas da Plataforma e recaudar fondos para as visitas dos presos independentistas, comezou ás 21.30 hh. coa presentación de ‘O Leo’, que, con carácter festeiro, insistiu na denuncia da criminalización e na defensa da Sala Nasa.

A continuación, a escritora Teresa Moure deu leitura ao manifesto da Plataforma Cidadá antes da actuación do grupo ‘Vai’, composto por guitarrra, violino e acordeom. Despois interviron o ex-preso Ugio Caamanho e a ex-presa Xiana Rodrigues, que expresaron o seu agradecemento a ‘Que Volten a Casa!’ polo traballo realizado por eles, ao tempo que animaron a seguir defendendo a Santiago Vigo e José Manuel Sanches. ‘A Quenlla’ foi protagonista da seguinte actuación, previa ao sorteo de cinco fotografias e unha chave de cerámica. A subasta dun gravado de Ana Santiso e de un cadro donado por Xiana Rodrigues foi a seguinte actividade, que deu paso ao feche da festa co concerto de ‘Skárnio’.

A Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ fai unha valoración moi positiva da da II Festa pola Liberdade pola nutrida participación, pola recadación conseguida e polos apoios conseguidos para respaldar a súa celebración durante a semana previa de acoso á Plataforma e á Sala Nasa. Ademais, agradece a todos e todas as que apoiarom, traballaron e participaron nesta festa as súas aportacións solidarias, ao tempo que anima a seguir reivindicando os dereitos das persoas presas, nomeadamente a defensa da liberdade provisoria e/ou o achegamento a Galiza de Santiago Vigo e José Manuel Sanches.

O Leo 

Teresa Moure 

Vai 

Público 

Ugio e Giana 

A Quenlla 

Subasta 

Skárnio 

Comments

The URI to TrackBack this entry is: http://quevoltemacasa.blogsome.com/2008/12/07/exito-da-ii-festa-pola-liberdade/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Sorry, the comment form is closed at this time.