Este sábado celébrase a II Festa pola Liberdade coas actuacións de Vai, A Quenlla e Skárnio

Medran os apoios á Plataforma e á Sala Nasa fronte aos intentos de impedir a sua celebración

A Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ organiza, este sábado, 6 de decembro, a segunda edición da Festa pola Liberdade, evento de periodicidade anual no que se pretende divulgar as reinvindicacións democráticas da Plataforma ao tempo que se recaudan fondos para financiar as visitas de familiares, amigos e amigas dos presos independentistas a centos de quilómetros dos seus domicilios.

A festa comeza ás 21.00 hh. na compostelá Sala Nasa. Apresentado por ‘O Leo’, van intervir na mesma os grupos Vai, A Quenlla e Skárnio. Tamén está previsto que participen a escritora Teresa Moure e o xornalista Gustavo Luca, dando leitura ao manifesto da Plataforma a primeira, e a un discurso sobre a actualidade mais recente o segundo. Durante a festa vaise facer unha rifa, na que se van sortear varias cerámicas, e unha subasta de pezas de arte. A entrada custa 6 €.

Como se manifestou na rolda de prensa realizada o pasado luns, 1 de decembro, a Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ vai continuar ignorando as presións mediáticas dos diferentes grupos políticos e seguir adiante coa celebración da II Festa pola Liberdade. O comunicado feito público nese mesmo día segue recabando apoios e son moitos os e as representantes de deferentes sectores da sociedade galega que teñen manifestado o respaldo á celebración da festa e a denuncia á persecución da plataforma e da Sala Nasa.

Pódese consultar o comunicado seguido da lista de apoios do mesmo nesta ligazón.

Consulta tamén o cartaz do concerto.

Comments

The URI to TrackBack this entry is: http://quevoltemacasa.blogsome.com/2008/12/04/este-sabado-celebrase-a-ii-festa-pola-liberdade-coas-actuacions-de-vai-a-quenlla-e-skarnio/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Sorry, the comment form is closed at this time.