Éxito da II Festa pola Liberdade

Mais de 200 persoas encheron na noite de onte a Sala Nasa nun acto solidario coa Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’. A festa, convocada co obxectivo de difundir as reivindicacións democráticas da Plataforma e recaudar fondos para as visitas dos presos independentistas, comezou ás 21.30 hh. coa presentación de ‘O Leo’, que, con carácter festeiro, insistiu na denuncia da criminalización e na defensa da Sala Nasa.

A continuación, a escritora Teresa Moure deu leitura ao manifesto da Plataforma Cidadá antes da actuación do grupo ‘Vai’, composto por guitarrra, violino e acordeom. Despois interviron o ex-preso Ugio Caamanho e a ex-presa Xiana Rodrigues, que expresaron o seu agradecemento a ‘Que Volten a Casa!’ polo traballo realizado por eles, ao tempo que animaron a seguir defendendo a Santiago Vigo e José Manuel Sanches. ‘A Quenlla’ foi protagonista da seguinte actuación, previa ao sorteo de cinco fotografias e unha chave de cerámica. A subasta dun gravado de Ana Santiso e de un cadro donado por Xiana Rodrigues foi a seguinte actividade, que deu paso ao feche da festa co concerto de ‘Skárnio’.

A Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ fai unha valoración moi positiva da da II Festa pola Liberdade pola nutrida participación, pola recadación conseguida e polos apoios conseguidos para respaldar a súa celebración durante a semana previa de acoso á Plataforma e á Sala Nasa. Ademais, agradece a todos e todas as que apoiarom, traballaron e participaron nesta festa as súas aportacións solidarias, ao tempo que anima a seguir reivindicando os dereitos das persoas presas, nomeadamente a defensa da liberdade provisoria e/ou o achegamento a Galiza de Santiago Vigo e José Manuel Sanches.

O Leo 

Teresa Moure 

Vai 

Público 

Ugio e Giana 

A Quenlla 

Subasta 

Skárnio 

A Audiencia Nacional permite a celebración da ‘Festa pola Liberdade’

[Información tirada de Vieiros, publicada o 04-12-08]

O xuíz entende que as reivindicacións do concerto, no que actuarán A Quenlla, Skárnio e Vai, enmárcanse dentro da liberdade de expresión

Haberá festa o sábado. O xuíz Eloy Velasco desestimou este xoves a petición da Asociación de Víctimas del Terrorismo (AVT), que solicitara a prohibición do concerto. O auto do xuíz explica que a plataforma convocante, ‘Que Voltem a Casa’, "ten por obxecto certas reivindicacións consistentes na esixencia de que se acorde a liberdade provisional de Santiago Vigo Domínguez e José Manuel Sánchez Gorgas, que se lles achegue a prisións próximas ao seu domicilio en Galicia e que se recauden fondos para financiar as viaxes de visitas dos seus familiares e amigos a ambos presos por presunta implicación en actos de terrorismo galeguista radical".

O xuíz explica que as reivindicacións da plataforma "intégranse dentro do marco da crítica política e a reivindicación e polo tanto non pode prohibirse a priori a realización dun acto destas características". Velasco conclúe "polo tanto" que a convocatoria non persegue "a realización de ningún acto de homenaxe a favor de condenados por terrorismo, nin dunha homenaxe encuberta a dous terroristas condenados recentemente pola Audiencia Nacional".

Deste xeito péchase unha semana de ruido mediático iniciado polo Partido Popular cando intentou, primeiro no pleno municipal de Santiago de Compostela do xoves 27, e despois por vía xudicial impedir a celebración do concerto; os populares pedían así mesmo que a Sala Nasa devolvese as subvencións recibidas polo concello.

A Quenlla, Vai e Skárnio
Haberá festa o sábado, por suposto. O concerto comezará ás nove da noite, presentado por O Leo, que irá dando paso no escenario da Sala Nasa a Vai, A Quenlla e Skárnio. Tamén está previsto que participen a escritora Teresa Moure e o xornalista Gustavo Luca, dando leitura ao manifesto da Plataforma a primeira, e a un discurso sobre a actualidade mais recente o segundo. O obxectivo do concerto é difundir as reinvindicacións da Plataforma (por exemplo, achegamento dos presos a Galiza) ao tempo que se recadan fondos para financiar as visitas de familiares, amigos e amigas dos presos independentistas a centos de quilómetros dos seus domicilios.

O comunicado feito público o martes, manifestando o respaldo á celebración da festa e a denuncia á persecución da plataforma e da Sala Nasa, segue recabando apoios. Ademais das persoas que xa asinaran o manifesto o propio martes, como Xosé Manuel Beiras, Xosé Luís Méndez Ferrín, Teresa Moure, Xurxo Souto, Margarita Ledo Andión, Anxo Angueira, Francisco Fernández Rei ou Paco Souto. Nos dous últimos días uníronse ducias de persoas máis, principalmente do mundo da cultura, como Séchu Sende, Comba Campoy, Rubén Ruibal, Marcos Teira, Ugia Pedreira, María Lado, Xelís de Toro ou Francisco Macías.

Este sábado celébrase a II Festa pola Liberdade coas actuacións de Vai, A Quenlla e Skárnio

Medran os apoios á Plataforma e á Sala Nasa fronte aos intentos de impedir a sua celebración

A Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ organiza, este sábado, 6 de decembro, a segunda edición da Festa pola Liberdade, evento de periodicidade anual no que se pretende divulgar as reinvindicacións democráticas da Plataforma ao tempo que se recaudan fondos para financiar as visitas de familiares, amigos e amigas dos presos independentistas a centos de quilómetros dos seus domicilios.

A festa comeza ás 21.00 hh. na compostelá Sala Nasa. Apresentado por ‘O Leo’, van intervir na mesma os grupos Vai, A Quenlla e Skárnio. Tamén está previsto que participen a escritora Teresa Moure e o xornalista Gustavo Luca, dando leitura ao manifesto da Plataforma a primeira, e a un discurso sobre a actualidade mais recente o segundo. Durante a festa vaise facer unha rifa, na que se van sortear varias cerámicas, e unha subasta de pezas de arte. A entrada custa 6 €.

Como se manifestou na rolda de prensa realizada o pasado luns, 1 de decembro, a Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ vai continuar ignorando as presións mediáticas dos diferentes grupos políticos e seguir adiante coa celebración da II Festa pola Liberdade. O comunicado feito público nese mesmo día segue recabando apoios e son moitos os e as representantes de deferentes sectores da sociedade galega que teñen manifestado o respaldo á celebración da festa e a denuncia á persecución da plataforma e da Sala Nasa.

Pódese consultar o comunicado seguido da lista de apoios do mesmo nesta ligazón.

Consulta tamén o cartaz do concerto.

Comunicado solidário de Nós-UP

Pola liberdade de expressom, contra o totalitarismo inquisitorial e fascistóide no Concelho de Compostela

Da organizaçom da esquerda independentista NÓS-Unidade Popular, queremos manifestar o nosso apoio à “Festa da Liberdade” convocada para o próximo sábado 6 de Dezembro pola plataforma Que voltem a casa. Da mesma maneira fazemos chegar a nossa solidariedade com a entidade de serviços artísticos Sala NASA, lugar onde se realizará a festa.

Da organizaçom da esquerda independentista NÓS-Unidade Popular, queremos manifestar o nosso apoio à “Festa da Liberdade” convocada para o próximo sábado 6 de Dezembro pola plataforma Que voltem a casa. Da mesma maneira fazemos chegar a nossa solidariedade com a entidade de serviços artísticos Sala NASA, lugar onde se realizará a festa.

Nom podemos deixar de surpreender-nos e denunciar publicamente a atitude fascistóide das instituiçons municipais e a campanha de intoxicaçom, vertida polos representantes políticos, nos meios de comunicaçom.

PP e PSOE com o silêncio cúmplice do BNG tenhem-se convertido num tribunal inquisitorial que pretende censurar e coarctar mais umha vez a liberdade de expressom.

Condenam publicamente a cessom da sala NASA para esta actividade de homenagem e denuncia à situaçom das presas e presos políticos galegos, a centos de quilómetros da Galiza, sofrendo mais de três anos de prisom preventiva sem julgamento, padecendo maltratos e abusos. Situaçom que viola a legalidade internacional, como assim tem sido denunciado por diversos organismos.

A sala NASA é umha entidade privada que recebe um subsídio anual municipal para desenvolver actividades culturais concertadas com a Concelharia de Cultura. Esta festa está fora do programa oficial, organizada pola plataforma Que voltem a casa. O facto de receber um subsídio para desenvolver um labor, que aliás é reconhecido na capital galega, nom pode ter nunca vinculaçom ideológica, como totalitariamente pretendem na Câmara Municipal.

A atitude do PP vai mais além e atreve-se a questionar as próprias acusaçons de processo judiciário dos independentistas Giana Gomes e Ugio Caamanho, processo já concluído, com calúnias e insultos próprios de quem tem saudades de tempos passados em que a censura e a repressom política eram a moeda de cámbio.

Nom podemos tolerar esta desfaçatez de quem esbanja o nosso dinheiro em salários desorbitados, ceias de gala, cidades da (in)cultura, teleféricos e em definitiva em encher o seu próprio bolso.

Nós o que questionamos, parafraseando o “senhor” Conde Roa é precisamente a calanha destas personagens apoltronadas em Rajói.

28 de Novembro de 2008

Comunicado solidario de EsCULcA

EsCULcA.Observátorio para a Defensa dos Direitos Humanos e Liberdades Públicas, preocupado polas manifestacións públicas e iniciativas de determinados meios de comunicación e partidos políticos que pretenden impedir a celebración o próximo 6 de Nadal de un acto cultural organizado pola plataforma Que Voltem a Casa na Sala NASA de Compostela, mesmo pedindo a retirada de subsídios públicos, quer manifestar o seguinte:
    
1.- Que os direitos fundamentais de reunión e de liberdade de expresión merecen o máximo respeito, e os responsáveis políticos e os meios de comunicación teñen a obriga de defendé-los e pór os meios precisos para o seu desenvolvimento.
    
2.- Que a concesión de subsídos públicos deve realizar-se de acordo con os requisitos administrativos que os regulen, e o rexime da sua extinción axustars-e às causas legalmente previstas.
    
3.- Que a reivindicación do achegamento das persoas galegas presas ao noso país é unha esixéncia legal, contida na Lei Orgánica Xeral Penitenciária e no art. 25 da Constituición, e a denúncia do abuso na utilización da prisión provisória é plenamente lexítima como aplicación do princípio constitucional de proporcionalidade.

En Compostela, a 1 de decembro de 2008

Imaxes da rolda de prensa da Plataforma ‘Que Volten a Casa!’

Rolda de prensa

Rolda de prensa 

Comunicado da Plataforma perante a campaña contra a II Festa pola Liberdade

Perante a polémica suscitada pola celebración, o vindeiro sábado, 6 de decembro, da II Festa pola Liberdade, en representación da ‘Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!’, manifestamos:

1. Que a finalidade da celebración da II Festa pola Liberdade é, por unha banda, a divulgación das reivindicacións da ‘Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!’, que esencialmente se resumen na exixencia da liberdade provisional de Santiago Vigo Domínguez e José Manuel Sanches Gorgas, presos en Madrid, e do seu achegamento a prisións próximas aos seus domicilios, en cumprimento da vixente lexislación penitenciaria española; e, por outra banda, a recadación de fondos para financiar as viaxes a centos de quilómetros para as visitas de familiares, amigos e amigas de ambos os presos.

2. Que non existe a tal homenaxe ao ex-preso Ugio Camanho Sam-Tisso e á ex-presa Xiana Rodrigues Gomes, ao contrário do difundido por diversos medios de comunicación así como dos grupos municipais do Partido Popular e do PSOE.

3. Que denunciamos a persecución e criminalización á que están sendo sometidas a ‘Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!’ e a Sala Nasa, local de celebración do evento. Na nosa opinión este acoso ten que ser atribuído á persecución sistemática de todo o pensamento disidente e non á suposta defensa dos intereses da cidadanía de Compostela.

En consecuencia co anterior, a ‘Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!’ non vai ceder a presións mediáticas fundamentadas en mentiras. Vai seguir adiante na celebración da Festa pola Liberdade e na defensa dos dereitos e liberdades de todos e todas as galegas. Animamos a todas as persoas solidarias a participar na festa.

Plataforma Cidadá ‘Que Volten á Casa!’
Santiago de Compostela
1 de decembro de 2008

 

Lista de apoiantes:

-Leo F. Campos
-Luis Gonçales Blasco, Foz
-Xurxo Souto
-Bernardo Penabade
-Gustavo Luca
-Xiana Arias
-Tino Baz
-Paulo Paio Rubido
-Mario Regueira
-Daniel Salgado
-Samuel Solleiro
-Ataque Escampe
-A Quenlla
-Vai
-Skárnio
-Garcia (Dios Ke Te Crew)
-Anxo Angueira
-Joám Carlos Ánsia
-Patricia A. Janeiro
-Uxio Breogán Diéguez
-Carme Hermida Gulías
-Carlos Barros Gonçalves
-Teresa Moure
-Pedro Alonso Iglesias
-Marcos Pérez Pena
-Antía Rodríguez
-Ramiro Ledo Cordeiro
-Zélia Garcia
-Sole Rei
-Elvira Souto
-Beatriz Garcia Matos
-Mercedes Garcia Matos
-Margarita Ledo Andión
-Francisco Fernández Rei
-Paco Souto
-Xesús Sanxuás
-Xosé Luís Méndez Ferrín
-Berrobamban Teatro
-Igor Lugrís
-Local Social Faísca (Vigo)
-Aurichu Pereira
-Xosé Manuel Beiras Torrado
-Alberto Lema
-Manuel Vello Salvado
-Xesús Irago Pereira
-Manel Pardo C.
-Xoán Rodríguez Sampedro
-Irene Cancelas Sánchez
-Brais González Pérez
-Xosé Viqueira Sende
-Xaquín Conde Ruiz
-Ana Pereira Varela
-Xosé A. Laxe Martiñán
-Marcos González Carballido (Marcos PTT)
-Ana Ruiz
-Héctor López de Castro Ruíz
-Suso Sanmartin
-Pepe Sendón
-Lara Bacelo
-Borja Fernández
-Xabier Xil Xardón
-Lara Rozados Lorenzo
-Francisco Macías Macías
-Iván Cuevas Domínguez
-Antonio Vázquez
-Javier Bermejo
-Eliana Martins
-Xoan Carlos Garrrido
-Isaac Lourido Hermida
-Aarón López Rivas
-Séchu Sende
-Héitor Picallo
-Xurxo Paz López
-Carlos González Meixide
-Comba Campoy
-Xosé Antón Bocixa Rei
-Zenzar
-Plataforma Cidadá "Sei o que nos figestes… nos últimos 525 anos"
-Rubén Ruibal Armesto
-Xosé Collazo Castro
-Xulio Anxo Martínez Costas
-Marcos Teira
-Antón Álvarez Sanz
-Henrique Gonçales Martins
-Ugia Pedreira
-Xan Antón Fernández Pequeno
-Xosé Luís Santos Cabanas
-Xelís de Toro
-Maria Lado
-Carlos Campoy
-Alberto Roldán
-Carlos Santiago
-José Ramón Vázquez Rodríguez
-Xulia Garcia Docobo
-Noelia Fernández Sánchez
-Ana Salgado
-Natalia Moure Lópes
-Manuel A. Salgueiro Montes

Rolda de prensa ás 18.30 hh. no ‘Dezaseis’

A Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ convoca unha rolda de prensa na que se vai dar resposta á polémica mediático-xudicial á que se está a asisitir estes dias en torno á celebración da II Festa pola Liberdade. A convocatoria está fixada para esta tarde ás 18.30 hh. no restaurante ‘O Dezaseis’ de Santiago de Compostela.

Dous membros do Consello Nacional do BNG van dar leitura ao comunicado da Plataforma, apoiados por muitos e muitas outras representantes da vida política, sindical e artística galega.