Vai, A Quenlla e Skárnio vam actuar na II Festa pola Liberdade

Publicamos o programa definitivo da II Festa pola Liberdade, na que a principal novidade vai ser a presença de Giana Rodrigues e de Ugio Camanho, recentemente liberados depois da celebraçom do seu juízo na Audiencia Nacional espanhola. A festa vai-se celebrar na compostelá Sala Nasa o sábado, 6 de Dezembro, a partir das 21.00 hh.

O concerto, que apresenta O Leo, começa com a actuaçom do duo Vai, ao que vam seguir os veteranos A Quenlla, para fechar com Skárnio. Polo medio vai haver um leilom, umha rifa, e diferentes surpresas e intervençons. Para seguirmos reclamando a liberdade dos presos e o cumprimento dos mínimos legais, acode à Festa pola Liberdade!

Satisfacción pola liberación de Giana Rodrigues e Ugio Camanho

A Plataforma ‘Cidadá Que Volten a Casa!’, ante as recentes saídas de prisión de Giana Rodrigues Gomes e Ugio Camanho Sam-Tisso, manifesta:

1. A ledicia pola liberación do preso e da presa e os parabéns a Giana Rodrigues e Ugio Camanho e a todo o seu contorno social e familiar, que queda libre da condena de viaxar cada fin de semana a centos e/ou miles de quilómetros para as visitas nas cadeas.

2. A satisfacción pola obtención de unha condena relativamente proporcionada no que a privación de liberdade se refire, así como o cumprimento de unha das demandas da Plataforma no caso de Ugio Camanho, en liberdade condicional até se publicar unha sentenza condenatoria firme.

3. A preocupación polo desproporcionado da petición fiscal e pola magnitude das multas e peticións de indemnizacións.

4. A exixencia da inmediata posta en liberdade de Santiantiago Vigo Domingues e José Manuel Sanches Gorgas, presos en Aranjuez à espera de xuízo.