Comunicado da Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ ante o xulgamento de Ugio Camanho e Giana Rodrigues

Ante o xulgamento perante a Audiencia Nacional en Madrid os vindeiros días 3 e 4 de novembro do cidadán e da cidadá galegos Ugio Camanho Sam-Tisso e Giana Rodrigues Gomes, a Plataforma Cidadá ‘Que Volten á Casa!’ manifesta o seguinte:

1. Denunciamos  o  papel  de  tribunal  de  excepción  que  a  Audiencia  Nacional  xoga neste procesamento, dado  que  vulnera  o principio  constitucional  de  territorialidade (art. 24.2 C.E.:  dereito  ao  encausamento  por  parte  do tribunal  natural  do lugar onde  sucederan  os feitos  de  que  esteam  acusados/as).

2. Exiximos proporcionalidade ante a possível condena derivada das peticións fiscais de 21 anos no caso de Ugio Camanho e de 18 no caso de Giana Gomes, tomando como referencia habituais as condenas emitidas por delitos de violación, homicido, etc.

3. No caso de resultar condenado e condenada a unha pena engadida aos tres anos e medio que levan en prisión preventiva, exiximos que o cumprimento da condena se desenvolva nunha cadea o mais próxima aos domicilios do cidadán e da cidadá, tal como ordenan as vixentes legislacións penitenciarias española e internacional. Denunciamos que coa medida ilegal da dispersión sexan castigadas ademais do e da condenada, as persoas do seu contorno social.

4. Apoiamos publicamente a campaña desenvolvida polo Organismo Popular Anti-Repressivo Ceivar durante as semanas previas ao xuízo, chamamos á solidariedade económica cos gastos derivados deste proceso e animamos a participar na mobilización solidaria a Madrid nos días 3 e 4 de novembro.