‘Que Volten a Casa!’ apoia a convocatoria de Ceivar para facer unha cadea humana o 24 de Xullo

A Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ quere facer público o seu apoio á convocatoria do organismo antirrepresivo Ceivar para dar difusión á problemática dos presos e presa galega nunha data tan sinalada como o Día da Pátria Galega. Ceivar convoca a todas as persoas sensíbeis coa situación penitenciaria na que se atopan os e a cidadá galega Xiana Rodrigues, Ugio Camanho, José Manuel Sanches e Santiago Vigo a participar nunha cadea humana que comeza ás 19.30 hh. do xoves, 24 de Xullo, na compostelá Praza de Galiza. A Plataforma espera que esta convocatoria sexa un éxito de participación e que este apoio se poda facer chegar ás persoas presas.

Comments

The URI to TrackBack this entry is: http://quevoltemacasa.blogsome.com/2008/07/18/que-volten-a-casa-apoia-a-convocatoria-de-ceivar-para-facer-unha-cadea-humana-o-24-de-xullo/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Sorry, the comment form is closed at this time.