Escrebe aos presos e à presa desde os centros sociais
A Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ quere facilitar a comunicación postal cos presos e coa presa, e para tal fin acaba de preparar unha serie de caixas que se poden atopar en varios centros sociais de diferentes localidades. Estas caixas contan con postais nas que escreber, sobres xa preparados para enviar por correos, e un pequeno peto no que contribuir a pagar os selos.
