‘ Concerto pola Liberdade’ o 7 de decembro
A sexta-feira, 7 de Decembro, vaise celebrar en Compostela o ‘Concerto pola Liberdade’ da Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!. Con esta actividade preténdese concienciar sobre a situación das/os cidadás/ns galegas/os Giana Rodrigues e Ugio Camanho, e difundir socialmente a solidariedade com as/os mesmas/os. Vai ser unha noite chea de sorpresas, coa subasta de diferentes obxectos, entre eles algúns elaborados pola presa galega.
Este concerto solidário vai contar coa presenza de voces significadas do panorama cultural galego, como Ugia Pedreira ou Marcos Payno, e grupos máis novos como Som do Galpom, Ataque Escampe, e Os de Quistiláns. Ademais, García de Dios Ke Te Crew e O Leo i Arremecághona van interpretar o seu espectáculo ‘Labregos do Tempo dos Sputniks’. Apresentan o espectáculo Clara Gayo e Chiqui Pereira.
O ‘Concerto pola Liberdade’ celébrase a sexta-feira, 7 de decembro, a partir das 21.00 hh., na compostelá Sala Nasa (Rua San Lourenzo, 51-53). Vaise cobrar unha entrada de 6 € coa que recaudar fondos para contribuír ao financiamento das viaxes de visita aos/às presos/as.

