Xan Carlos Ánsia
A FELICIDADE SEGÚN IDADE, ORIXEN E POSICIÓN
O licor-café que se bebe na Esmorga en todos os locais sociais da Galiza e ao mesmo prezo. Consolidar “dous puntos de nível” antes de marchar do cargo xunteiro por exceso hormonal. Trabalhar dazanove horas a semana é o Teorema de Pitágoras que cada rapaz o aprenda donde poida. Três orgasmos nunha noite. Caldo sete veces por semana. O “Luar” duas veces ao dia. O concerto da banda todos os domingos do ano. Ser alcalde cós votos dos caciques ou vice-alcalde cós que tamén o son. Facer o “hoyo 16” baixo par. Conquerir ise color cálido, próximo, neutro, amable e diáfano que difumina as estridencias pretéritas da carteleria electoral. Superar as catrocentas viaxes ao extranxeiro, a conta do erário público, para repartir folletos turísticos dos ladrillos e toneladas de cemento da Cidade da Cultura.Atopar um posto de traballo em Reganosa si pode ser fixo-discontinuo mellor, asi ainda se pode ir facer algo ao percebe. Voltar a ser os últimos em marchar da carballeira o 25 de xullo e sem mancarse. Que o Uxio e a Xiana volten xa.
