María do Cebreiro

CANCIÓN DO PRESO

Estrela da mañá,
todo o que de beleza
me poidas ofrecer
négao,
péchame a boca
para que o chan se abra
e diga a súa razón:

“O espazo que se ocupa fai sangrar”.

INDEPENDENCIA

A liberdade,
estrela
que non se lle dá
ás mans.

Ou tamén
a palabra
que se guinda
ao silencio
onde poida
estar quente
e húmida
e floreza.

Diciamos
que non,
que non
(aínda) :

volem
volem
volem
volem
l’independència

(O amor polo saber non nos fai libres,
pero fainos saber).

Comments

The URI to TrackBack this entry is: http://quevoltemacasa.blogsome.com/2007/10/24/maria-do-cebreiro/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Sorry, the comment form is closed at this time.