Bráulio Amaro Caamaño

Que volten a casa Ugío e Giana

A situación dos presos e presas é un test da saúde democrática dun sistema político e dos valores dunha sociedade, un termómetro que vale máis que mil declaracións formais, e ese termómetro, hoxendía, no Estado español, está baixo cero, porque o  governo español está aplicando auténticas políticas de exterminio.

Aos presos e presas políticas e tamén aos sociais néganselles neste momento o exercicio de dereitos considerados como fundamentais:

·    Négaselles un trato digno e respetuoso, na medida en que persisten os maltratos e torturas, malleiras e illamentos inhumanos.
·    Carecen dunha atención sanitaria digna, négaselles a posibilidade de ser visitados por médicos de confianza. As condicións sanitarias deixan moito que desexar,…..
·     As súas comunicacións con amigos, familiares, etcétera, son moi restrinxidas, e en moitas ocasións intervidas.
·    Incorporan de xeito sistemático, indiscriminatorio e xeralizado aos presos políticos aos chamados presos F.I.E.S.
·    Non se aplica a liberdade condicional a quen cumpriron as tres
cuartas partes ou os dous terzos da condena (segundo o Código Penal) e discrimináselles na aplicación de redenciones e beneficios penitenciarios.

Todas estas vulneracións teñen lugar no marco da política de dispersión dos presos políticos, eis a Ugío e Giana, dispersados en común e dispersados da súa realidade. Tampouco temos que esquencer que mesmo sucede con outros e outras presas políticas: Por referirmos ao caso mais salientábel, os presos e presas de Eusakal Herria, menos do 2% dos presos e presas políticas vascas cumpre condena en cárceres situados en Euskal Herria, esta é a política de dispersión deseñada nos anos 80 polo Goberno do PSOE, como un castigo tanxíbel á disidencia e á resistencia popular.

A dispersión contraría os principios máis elementais do réxime  penitenciario e estende o castigo aos familiares e persoas achegadas. Para estes, estar breves momentos coa persoa presa supón un gran esforzo en términos de tempo, de diñeiro, e de risco derivado dos longos desprazamentos.
En xeral, a política penitenciaria do  governo español é incompatible e contradictoria cos tratados e acordos internacionais ratificados polo Estado español, e coas resolucións e recomendaciones emanadas de diferentes institucións e organismos que velan pola súa vixencia.

Comments

The URI to TrackBack this entry is: http://quevoltemacasa.blogsome.com/2007/10/24/braulio-amaro-caamano/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Sorry, the comment form is closed at this time.