A Plataforma edita un libro con textos solidários coa situación de Ugio e Giana

Con motivo da conmemoración do Día da Patria Galega a Plataforma Cidadá Que Volten a Casa! vén de editar un libriño con textos nos que, desde diferentes pontos de vista, se retrata a situación na prisión de Ugio Camanho Santisso e de Giana Rodrigues Gomes. A Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!, Bráulio Amaro, Xan Carlos Ánsia, Begonha Camanho, Maria do Cebreiro, Ramon Muntxaraz, Carlos Taibo e Daniel Salgado trazan un percorrido, en forma de ensaio, ficción ou poesía, sobre a inxustiza diaria destas duas persoas presas, ao estar no cárcere a centros de quilómetros da súa morada, e despois de dous anos á espera de xuízo.
No libro inclúese ademais un texto do cidadán galego preso Ugio Camanho. Ainda que estaba previsto que tamén se puidera introducir un texto de Giana Rodrigues, a Plataforma tivo finalmente que inlcuir o seguinte escrito nesta edición de ‘palabras para a liberdade’:
‘Para a presente edición estaba previsto contar cun texto da cidadá galega presa Giana Rodrigues Gomes. Os sucesivos translados de centro e as propias condicións de vida na cadea fixeron imposíbel, apesar da antelación coa que se lle solicitou o escrito, que o seu texto chegase fóra da prisión a tempo para ser incluído neste traballo.’
