Mañá, venres 17, preséntase a Plataforma en Vigo e en Ourense
A ‘Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!’ conta xa con novas datas para as presentacións do colectivo e do seu manifesto que se pensan desenvolver por todo o País. As próximas dúas citas serán mañá venres, 17 de novembro; Ourense e Vigo os lugares escollidos.
A presentación de Vigo, que, como se anunciou na web, tivera que ser adiada, conta xa coa data de finitiva de este venres. O lugar vai ser o mesmo que estaba previsto, o Local Social A Revolta (Rua Real, 32), a partir das 20.30 hh.
En Ourense a presentación vaise celebrar no recén estreado novo local d’A Esmorga (Rua Telheira, 9). Está previsto que o acto comece tamén polas 20.30 hh.
Nas vindeiros días seguiranse anunciando as datas de novas presentacións da ‘Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!’ en diferentes cidades e comarcas. Con esta actividade a Plataforma pretende difundir os contidos do seu manifesto de presentación, chamando tamén a atención sobre a situación irregular que están a vivir Ugio Caamanho e Giana Rodrigues.
