MANIFESTO
PLATAFORMA CIDADÁ ‘QUE VOLTEN A CASA!’
Coñecedoras da situación xudicial e penitenciaria en que se encontran os cidadáns galegos José Manuel Sanches e Santiago Vigo, procesados na Audiencia Nacional, afastados da Galiza desde Decembro de 2007 e internados a centos de quilómetros dos seus lugares de orixe no centro penitenciario de Aranjuez (Madrid), as persoas abaixo asinantes queremos manifestar o que segue, en nome dos sectores da sociedade galega sensibilizados a respecto desta problemática:
- Que o encarceramento destas duas persoas e, por extensión, do resto do colectivo de pres@s galeg@s, en centros situados fora da Comunidade Autónoma da Galiza, vulnera as vixentes lexislacións penitenciarias española e internacional* e supón unha condena engadida á prisión preventiva. Alén disto, implica a súa separación da realidade nacional, cultural e socio-afectiva de que proceden (coas negativas consecuencias individuais e colectivas imaxinables).
Así mesmo, denunciamos o papel de tribunal de excepción que a Audiencia Nacional xoga no seu procesamento, dado que vulnera o principio constitucional de territorialidade (art. 24.2 C.E.: dereito ao encausamento por parte do tribunal natural do lugar onde sucederan os feitos de que estean acusad@s).
- Que @s familiares, amig@s e compañeir@s dos presos están directamente afectad@s por esta medida extraordinaria, unha vez que se ven obrigad@s a desprazárense semanalmente centos de quilómetros para visitalos 40 minutos no citado centro. A realización destes desprazamentos supón un importante trastorno, o desembolso mensal de elevadas cantidades de diñeiro e un risco acrecentado de accidentes en estrada, dado que as viaxes se realizan en reducidos períodos de tempo para ser conciliables cunha vida laboral normal.
- Que, aliás, a permanencia de José Manuel Sanches e Santiago Vigo en prisión preventiva -réxime que se pode prolongar anos sen celebración de xuízo- é unha medida desproporcionada, trastorna seriamente o seu desenvolvemento persoal e psicosocial é un tratamento de todo ponto innecesario.
- Que nos alarma profundamente o tratamento incorrecto e arbitrario de que foron obxecto en máis de unha ocasión José Manuel Sanches e Santiago Vigo con respecto aos seus réximes de comunicación, atención hixiénico-sanitaria, condicións de vida en prisión, isolamento, recepción de obxectos que precisam, etc.
É por todo isto que apoiamos a Plataforma Cidadá ‘Que volten a casa!’ e as medidas xurídicas, informativas, sociais e institucionais tendentes a conseguir:
1º O respecto de todos os dereitos de que son suxeitos estes cidadáns galegos; dereitos que nun Estado democrático non poden verse mermados, en virtude do respecto debido ao principio constitucional de presunción de inocencia (art. 24 C.E.).
2º A transferencia de José Manuel Sanches e Santiago Vigo a un centro penitenciario situado na Galiza, rematando así coa medida ilegal da dispersión, engadida á prisión preventiva, e que afecta a decenas de familiares e amig@s dos presos.
3º A liberdade provisoria de José Manuel Sanches e Santiago Vigo durante o tempo previo á celebración do xuízo, por ser inxustificable e innecesaria a permanencia en prisión.
4º A sensibilización informativa da sociedade galega para que faga súas as presentes reivindicacións, que consideramos concrecións elementares duns princípios xerais e básicos de Xustiza e Democracia.
* Ley Orgánica General Penitenciaria (L.O.G.P.) 1/1979, de 26 de Setembro:
art. 12: “La ubicación de los establecimientos será fijada por la administración penitenciaria dentro de las áreas territoriales que se designen. En todo caso, se procurará que cada una cuente con el número suficiente de aquéllos, para satisfacer las necesidades penitenciarias y evitar el desarraigo social de los penados”
